Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas
  • Inicio
  • » Noticias
  • » Cambio_Gestora_Prejubilados

Cambio xestora pagamento axudas prexubilacións

15/07/2015

Cambio na xestión das axudas por custos laborais mediante prexubilación.

Tras finalizar o contrato coa Unión Temporal de Empresas "PAGAMENTOS MINERÍA, Banco de Caja España de Inversiones, Salamanca y Soria, S.A.U. (BANCO CEISS) - IBERCAJA Banco, S.A.U. (IBERCAJA BANCO) - LIBERBANK, S.A., (LIBERBANK) - NCG Banco, S.A. (NCG BANCO) - Gesinca Consultora de Pensiones y Seguros, S.A. (GESINCA), Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982.", coñecida como entidade xestora mineira, adxudicouse o servizo de xestión do pagamento de axudas por custos laborais mediante prexubilacións derivadas dos Plans do carbón á entidade WILLIS IBERIA CORREDURÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS S.A.

En consecuencia, dende o día 1 de xuño de 2015, esta entidade é a actual encargada durante dous anos do pagamento das nóminas dos traballadores prexubilados, así como do resto de xestións precisas relacionadas coa percepción de tales axudas.

Continúa a disposición dos perceptores de tales axudas o teléfono de contacto habitual 902 021 014, no que poderán seguir facendo todas as consultas que necesiten

Tamén se puxo á súa disposición este enderezo de correo electrónico plansocialirmc@willis.com para calquera consulta, solicitude de información, apoio e asesoramento que poida ser necesario.